Grátis
Sobre o livro
Como na elocuente pregaria que Sócrates dirixe a Pan para concluír o Fedro, "que todo o que teño por fóra se ligue en amizade co de dentro": a congruencia da interioridade de aquel que procura o saber e a exterioridade do discurso que o exprese nunha escritura rebelada que se revela como medio que nos permite, literal e literariamente, incorporarnos ao diálogo, só orixinalmente falado; unha escritura coma o medio que fai ao discurso proxectarse dialoxicamente, non como contentor de transmisión de contidos fixos, senón para a súa confi guración filosófica, alí onde a busca da sa-bedoría, a filosofía, poida ter lugar. Como ben dicía Descartes, trátase, a fin de contas, dunha cues-tión de metodo-loxía: o discurso como camiño en que procurar o saber filosófico.