partilhar
Em destaque VER +
O pensamento oriental en España
Esta é unha Guía bibliográfica que recole e comenta as principais obras orixinais e traducidas que se poden atopar en España e Latinoamérica relacionadas co pensamento ou a filosofía oriental (sabedorí-as, doutrinas, relixións, mitoloxías). Tras unha Bibliografía xeral, contén bibliografías específicas para a China, a India, o Budismo e o Xapón (xunto con Corea, o Tíbet e outras culturas asiáticas). Inclúe tanto as fontes textuais das respectivas tradicións como os estudos e monografías máis salientábeis dedi-cados ás mesmas.
Aínda que nela se acharán principalmente traducións e estudos en castelán, tamén se engaden algunhas referencias das obras mais sobranceiras que se teñen publicado nos últimos anos en Europa e os Estados Unidos sobre o tema, e que só poden consultar-se nos seus respectivos idiomas. Para facilitar as consultas inclúese tamén ao final un completo Índice de autores e materias.