Pois veredes, isto era unha moza que, á falta de traballo, botouse a andar en busca de fortuna. No medio dunha leira atopouse con Brazodegorila. A moza díxolle: ùQueres vir comigo? ùSon libre -respondeu el-. Nin obedezo xefes nin sirvo señores. ùRepartirémolo todo a partes iguais -dixo ela. Con esta proposta, a moza recruta a outros tres personaxes máis. Cada un deles cunha habilidade física especial que utilizarán no beneficio do grupo e dos habitantes dunha vila sometida á tiranía dun rei