partilhar
Em destaque VER +
O Corazón do Xastre
Cal é o son do corazón? E por que latexa? O vello xastre vaino descubrir grazas a unha viaxe e nós grazas a este emocionante álbum de Txabi Arnal.
O autor vasco, neste segundo traballo con OQO editora, regresa para contarnos a historia deste xastre que sente un baleiro inmenso dentro do peito. E como a vida regalada de palacio non llo enche, un día foxe da súa gaiola dourada. Mais como ía imaxinar el, que o mundo andaba tan esfarrapado! Hai pobreza, desastres naturais, guerras… O vello xastre ten moito que zurcir e remendar! Só ten nobelos de fío, agullas de varios grosores e unhas vellas tesoiras, pero alí onde chega, acaba coas penas. E como nos recantos do camiño vai deixando amigos, cada vez que marcha dun lugar, o noso protagonista ata a punta do nobelo e vai soltando fío a medida que se afasta. Así, todos os sitios visitados van quedando conectados polo fío, e deixa trazada a ruta para cando decida volver. Pero non será ata a derradeira ilustración, xa sobre un mapa, cando os lectores descubramos o verdadeiro significado da súa viaxe.
Idioma: Galego