Unha Historia Da Arte Galega

de Carlos L. Bernardez 

Bertrand.pt - Unha Historia Da Arte Galega
idioma: Espanhol, Galego
Editor: Edicions Laiovento, S.L.
Edição: fevereiro de 2023
Portes
Grátis
10%
45,81€
Poupe 4,58€ (10%) Cartão Leitor Bertrand

Desde as mámoas e os petróglifos até as tendencias estéticas das últimas décadas, o obxecto deste libro é realizar un achegamento á imaxe artística galega, un anaco da tradición cultural europea producida nun país que posúe unha singularidade histórica marcada. Na arte galega foron proxectándose ao longo da historia as grandes correntes artísticas da Europa Occidental, con variábeis ritmos de incorporación e en sintonía con diferentes procesos históricos, e neles maniféstanse as peculiaridades, as diferenzas locais, as descontinuidades e os achados laterais a respecto dos períodos unificados da historia da arte. Alén diso, desde o século XIX, asistiremos ao intento de definir unha arte nacional, con diferentes denominacións segundo o momento histórico (rexionalismo, nacionalismo), nun contexto onde artistas e pensadores propiciarán coas súas reflexións unha lectura do pasado e presente artístico galego.Pártese de que, como toda actividade humana, a arte non pode nin debe ser inmutábel, estática, pois nela conviven aspectos tradicionais con influencias externas, vivificadoras.Neste sentido, pensar a tradición artística desde nós é pensar na lectura intencional do pasado máis tamén na lectura presente desde a posición actual da nosa nación e tamén desde a pura visualidade, o que implica distintas posíbeis lecturas das imaxes mais non incompatíbeis. Entendemos a arte galega, pois, como espello dunha realidade histórica complexa, que dialoga connosco e maniféstase como unha interpelación que, desde moi lonxe, se dirixe ao espectador de calquera tempo, e que este pode albiscar nese instante sorprendido que implica a percepción dunha boa obra de arte como quen enxerga algo de nós mesmos.

Unha Historia Da Arte Galega
ISBN:
9788484876175
Ano de edição:
02-2023
Editor:
Edicions Laiovento, S.L.
Idioma:
Espanhol, Galego
Dimensões:
150 x 230 x 23 mm
Encadernação:
Capa mole
Páginas:
308
Tipo de Produto:
Livro
Classificação Temática:
EAN:
9788484876175
X
O QUE É O CHECKOUT EXPRESSO?

O ‘Checkout Expresso’ utiliza os seus dados habituais (morada e/ou forma de envio, meio de pagamento e dados de faturação) para que a sua compra seja muito mais rápida. Assim, não tem de os indicar de cada vez que fizer uma compra. Em qualquer altura, pode atualizar estes dados na sua ‘Área de Cliente’.

Para que lhe sobre mais tempo para as suas leituras.