Raposo non ten moitas ganas de festa neste Nadal? ata que redescobre as súas bólas de neve, cada unha cun recordo especial. Grazas a elas, revive os momentos máis máxicos co seu mellor amigo Castor: dende o primeiro agasallo ata o último Nadal compartido.Ao longo de trece escenas cheas de emoción, esta historia mergúllanos na forza da amizade, na beleza das lembranzas e na importancia de valorar os momentos vividos.Un álbum ilustrado de gran formato, cun deseño espectacular en forma de bóla tridimensional e peche magnético, pensado para primeiras lectoras e lectores. Ideal para compartir en familia e converterse nun libro-regalo único para o Nadal.