Relixión Católica. 3 Primaria. A Nosa Casa

de Milagros Sánchez-Cifuentes Martos 

Bertrand.pt - Relixión Católica. 3 Primaria. A Nosa Casa
idioma: Galego
Editor: XERME
Edição: maio de 2020
Portes
Grátis
10%
29,53€
Poupe 2,95€ (10%) Cartão Leitor Bertrand

A Nosa Casa é un proxecto flexible que facilita a construción de diferentes itinerarios formativos adaptados ás necesidades concretas de cada aula. Xunto ás suxestións didácticas para cada unidade e as propostas de traballo cooperativo, a guía do profesor ofrece dúas páxinas de formación cos contidos teolóxicos básicos que o profesor necesita para dar a clase.A Nosa Casa forma parte do Proxecto Máis Celme, un proxecto global pensado para que todos os nenos e nenas aprendan con seguridade, desenvolvan as súas capacidades e relacionen o que aprenden coa súa vida.Este proxecto nace tamén co obxectivo de apoiar o profesor para que guíe os nenos na súa aprendizaxe, segundo as capacidades, intelixencias e habilidades de cada un. Por iso, Máis Celme ofrece unha serie de recursos, metodoloxías e ferramentas, apoiados na tecnoloxía.O proxecto Máis Celme axuda a todos os nenos e nenas a aprender mellor porque?1. Agrupa as unidades que tratan contidos afíns, o que favorece que os nenos conecten os conceptos e establezan relacións entre eles.2. Segue unha metodoloxía sistemática de traballo que sitúa o alumno no centro da súa aprendizaxe. Esta metodoloxía desenvólvese en catro fases:-Activación, a partir da motivación, da detección de ideas previas e da creación de expectativas.- Comprensión dos novos contidos.- Aplicación ou transferencia a outros contextos e á vida.- Recapitulación ou repaso do aprendido a través de actividades diversas, organizadores gráficos e actividades competenciais. Inclúe a elaboración dun Diario de reflexión sobre o aprendido.3. Facilita a comprensión dos contidos a través dun deseño ordenado, unhas imaxes realistas, e un uso da linguaxe e da estrutura da información claras e adaptadas ás idades dos alumnos.4. Favorece a adquisición de destrezas de comprensión lectora.5. Desenvolve unha aprendizaxe cooperativa, completa, eficaz e facilmente aplicable nas aulas, co obxectivo de que os alumnos aprendan xuntos a traballar sós.6. Fomenta o desenvolvemento dunha serie de estratexias de pensamento para que os nenos afonden na súa aprendizaxe á vez que van creando unha serie de ferramentas que poderán utilizar ao longo da súa vida. En concreto, presenta un traballo sistemático da metacognición para que reflexionen sobre catro ámbitos fundamentais: que aprenden, como aprenden mellor, con quen aprenderon e como se sentiron.

Relixión Católica. 3 Primaria. A Nosa Casa
ISBN:
9788498547740
Ano de edição:
05-2020
Editor:
XERME
Idioma:
Galego
Dimensões:
150 x 230 x 23 mm
Encadernação:
Capa mole
Páginas:
112
Tipo de Produto:
Livro
EAN:
9788498547740
X
O QUE É O CHECKOUT EXPRESSO?

O ‘Checkout Expresso’ utiliza os seus dados habituais (morada e/ou forma de envio, meio de pagamento e dados de faturação) para que a sua compra seja muito mais rápida. Assim, não tem de os indicar de cada vez que fizer uma compra. Em qualquer altura, pode atualizar estes dados na sua ‘Área de Cliente’.

Para que lhe sobre mais tempo para as suas leituras.