Un libro que celebra a amizade e o pracer de compartir.áUnha radiante mañá de inverno, Gata pensou que sería un día perfecto paraátomar unha cunca de leite quente e decidiu ir á casa dos seus amigos paraácompartila con eles. Coella ofreceu un biscoito acabado de facer e Parruloápropuxo tocar o ukelele a carón do lume, pero ao chegar á casa de Teixugo...áalí non había ninguén. Saíra había xa un bo anaco, gardando na súa bolsaáun taboleiro de parchís.Tras ?Cinco ratiños?, Maria Girón, gañadora do XVII Premio InternacionaláCompostela por ?Bim Bam Bum?, volve utilizar os recursos do conto deátradición oral para sorprendernos cunha historia tenra, enxeñosa e divertidaásobre a amizade e o pracer de compartir as pequenas cousas.áAs ilustracións, luminosas e cheas dun colorido que resalta sobre o brancoáda neve, xogan co amarelo, co vermello, co verde e co azul das pezas deároupa dos personaxes e dos seus fogares, nunha chiscadela ao clásico xogoáde mesa. Precisamente, este álbum inclúe como elemento adicional unátaboleiro de parchís deseñado pola autora para seguir gozando do libroámáis alá da lectura.