Un día, o galo e a galiña saíron da granxa dispostos a coñecer mundo. Corricaron por aquí e petiscaron por alá ata que tropezaron cunha nogueira grande e frondosa. Como o galo devecía polas noces, comeu tantas e tan á présa que se lle atrancaron na gorxa.
Deste xeito, comeza o periplo desesperado da galiña para salvar o seu querido amigo comellón. Nesta empresa veranse implicados unha granxeira, un zapateiro, unha ovella, un ferreiro e ata un carballo!
Todos eles non dubidan en prestar a súa axuda. Rápidos colaboran nun traballo en equipo onde, a pesar das dificultades encadeadas, acaba triunfando a boa vontade e a solidariedade.
Idioma: Galego