Unha novela emocionante sobre a procura da identidade, a superación e o vínculo coa natureza.Úrsula Mon vive nunha aldea das montañas coa súa avoa e séntese distintaáaos demais. Na escola é obxecto de burlas pola súa tartamudez e só encontraacubillo no bosque. Alí sucede algo extraordinario: o día en que se cruza cunáoso, a ollada do animal atravésaa para sempre e esperta nela unha conexión emocional e unha forza interior ata entón descoñecida. Guiada polas historiasádun vello gardamontes e co apoio inesperado da súa nova mestra, a nena iniciará dende ese momento unha viaxe persoal impulsada pola súa fascinación polos osos, na cal será capaz de transformar a súa vulnerabilidade nun valor salvaxe.Unha historia conmovedora de Mónica Rodríguez, acompañada polas suxestivasáilustracións de Ester García, que explora a busca da voz propia e o vínculo profundo entre o ser humano e a natureza, sen deixar de lado outros temas como aácrueza do acoso escolar ou o peso da soidade e das ausencias familiares.