Non Nacemos Para Coidar

de Andrea Mouriño Schick, Carmen Verde-Diego, Del Rio, Olga Alonso Villar e Jaime Cabeza Pereiro 

Bertrand.pt - Non Nacemos Para Coidar
idioma: Galego
Editor: Universidade de Vigo
Edição: outubro de 2024
Portes
Grátis
10%
10,20€
9,18€

Non nacemos para coidar é un libro colectivo e interdisciplinar que percorre os conceptos e as realidades poliédricas dos coidados desde unha perspectiva de xénero. Os e as autoras de diversas especialidades (a pre-historia, o dereito laboral, a socioloxía, a economía, o traballo social) van desgranando a situación sobre todo das traballadoras domésticas e de coidados. Somos herdeiras neste libro do camiño aberto polo movemento feminista dos anos 1970, que puxo sobre a mesa que nunca imos mudar a desigualdade existente entre homes e mulleres no eido público até que non consigamos maiores cotas de igualdade dentro dos fogares (e sobre todo, nos coidados). As mulleres somos maioría nos empregos a tempo parcial ?en Galiza, o 74,6% son de mulleres?, e tamén somos ampla maioría na petición de permisos de coidado. As mulleres inmigrantes ocupan moitos traballos de coidados, vivindo ademáis nunha ?cadea global dos coidados? que as conecta cos seus países de orixe.Temos dous sistemas (o capitalismo e máis o patriarcado) que ben entrelazados desprezan o sostemento da(s) vida(s). Poñer os coidados no centro é unha ferramenta multiplicadora para acadar a igualdade. Supón falar do noso dereito ao auto-coidado, do reparto igualitario do traballo dentro do fogar, da esixencia de dereitos laborais das empregadas do fogar, etc. Non nacimos para coidar entra a fondo nestes debates, apostando por unha dignificación das súas condicións laborais, fronte a unha (perigosa) ?ética reaccionaria dos coidados? que supostamente valora o traballo que as mulleres facemos, mais pasando por unha renuncia do noso propio benestar para servir a outros, ese ?ser-para-outros? perverso do que xa nos advertira Simone de Beauvoir en 1949.

Non Nacemos Para Coidar
de Andrea Mouriño Schick, Carmen Verde-Diego, Del Rio, Olga Alonso Villar e Jaime Cabeza Pereiro 
ISBN:
9788411880367
Ano de edição:
10-2024
Editor:
Universidade de Vigo
Idioma:
Galego
Dimensões:
170 x 240 x 23 mm
Encadernação:
Capa mole
Páginas:
162
Tipo de Produto:
Livro
EAN:
9788411880367
X
O QUE É O CHECKOUT EXPRESSO?

O ‘Checkout Expresso’ utiliza os seus dados habituais (morada e/ou forma de envio, meio de pagamento e dados de faturação) para que a sua compra seja muito mais rápida. Assim, não tem de os indicar de cada vez que fizer uma compra. Em qualquer altura, pode atualizar estes dados na sua ‘Área de Cliente’.

Para que lhe sobre mais tempo para as suas leituras.