No Lindeiro Do Bosque. A Traducion Nos Ultimos Anos De 'Grial'

de Tamara Andrés 

Bertrand.pt - No Lindeiro Do Bosque. A Traducion Nos Ultimos Anos De 'Grial'
idioma: Galego
Editor: GALAXIA EDITORIAL
Edição: julho de 2025
Portes
Grátis
10%
21,91€
19,72€

Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade, grazas á Biblioteca 75 anos.O novo volume desta colección conmemorativa é No lindeiro do bosque, a tradución nos primeiros anos de GRIAL, introdución e escolma ao coidado Tamara Andrés e Ana Luna Alonso.A tradución en Grial. Revista de Cultura Galega foi un dos seus esteos, e debe ser entendida como unha práctica que procurou a posta en valor dunha lingua e dunha tradición literaria subordinada fundamentalmente ao castelán. Os obxectivos fundamentais desta escolma son os de amosar a vontade de innovación que sempre tivo a publicación dirixida nesa primeira xeira por Francisco Fernández del Riego e Ramón Piñeiro, así como poñer en valor o seu compromiso coa dinamización de determinados ámbitos da nosa cultura tamén a través da tradución.É moi salientable o excelente traballo que se fixo na revista na promoción do galego como lingua válida para todos os xéneros a través de obras filosóficas, obras clásicas, contos, pezas de teatro, textos bíblicos, e especialmente textos poéticos. Transitan por esta obra as palabras en galego de Italo Calvino ou de Christina Rossetti, de Ezra Pound ou de Nelly Sachs.

No Lindeiro Do Bosque. A Traducion Nos Ultimos Anos De 'Grial'
ISBN:
9788411764827
Ano de edição:
07-2025
Editor:
GALAXIA EDITORIAL
Idioma:
Galego
Dimensões:
150 x 220 x 23 mm
Encadernação:
Capa mole
Páginas:
220
Tipo de Produto:
Livro
EAN:
9788411764827
X
O QUE É O CHECKOUT EXPRESSO?

O ‘Checkout Expresso’ utiliza os seus dados habituais (morada e/ou forma de envio, meio de pagamento e dados de faturação) para que a sua compra seja muito mais rápida. Assim, não tem de os indicar de cada vez que fizer uma compra. Em qualquer altura, pode atualizar estes dados na sua ‘Área de Cliente’.

Para que lhe sobre mais tempo para as suas leituras.