Literatura Galegoasturiana

de Fernandez Acevedo e Xoan Babarro Gonzalez 

Bertrand.pt - Literatura Galegoasturiana
idioma: Galego, Espanhol
Editor: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo
Edição: julho de 2023
Portes
Grátis
10%
15,29€
Poupe 1,53€ (10%) Cartão Leitor Bertrand

A presente obra reúne, en versión actualizada, os contidos dos tres volumes que inauguraron hai máis dunha década a colección Òlga e que intentaban achegar unha visión do cultivo literario nas terras asturianas de expresión galega. A historia do galego escrito no occidente de Asturias garda un claro paralelismo con Galicia. Tan só coa implantación do Estado das Autonomías comezan a marcarse sensibles diferenzas entre as dúas comunidades. Basicamente, por non se contemplar na primeira a normalización do galegoasturiano. Por máis que o Rexurdimento se consolide no século XIX (Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez...), non triunfa con autores galegoasturianos ata principios do XX. Fitos significativos foron A Veiga de Ribadeo (1913) de Antolín S. Mediante, Amarguras dun viaxe (1920) de Ramón García González e Un feixe de tapiegadas. Pasillo en dialecto tapiego en un acto y en prosa (1921) de Conrado Villar Loza. O primeiro, co galego común como referente e, os outros, usando as falas vilegas de Castropol e Tapia, respectivamente. Cen anos despois, mantéñense os dous criterios: persoas que utilizan o material lingüístico común e persoas que rexistran só formas locais. A iso únese a ortografía. Hai quen ten como referente as normas da Real Academia Galega, quen prefire as da Academia de la Llingua Asturiana, quen segue modelos lusistas e quen se decanta por unha opción persoal, ignorando calquera proposta estandarizadora. Malia esta situación, é máis o que nos une a todos ca o que nos separa e a vestimenta gráfica non borra a galegoasturianidade, un aspecto cohesionante para termos en conta á hora de defender unha lingua cunha chea de factores en contra para a súa existencia.

Literatura Galegoasturiana
de Fernandez Acevedo e Xoan Babarro Gonzalez 
ISBN:
9788481589696
Ano de edição:
07-2023
Editor:
Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo
Idioma:
Galego, Espanhol
Dimensões:
150 x 230 x 23 mm
Encadernação:
Capa mole
Páginas:
462
Tipo de Produto:
Livro
Classificação Temática:
EAN:
9788481589696
X
O QUE É O CHECKOUT EXPRESSO?

O ‘Checkout Expresso’ utiliza os seus dados habituais (morada e/ou forma de envio, meio de pagamento e dados de faturação) para que a sua compra seja muito mais rápida. Assim, não tem de os indicar de cada vez que fizer uma compra. Em qualquer altura, pode atualizar estes dados na sua ‘Área de Cliente’.

Para que lhe sobre mais tempo para as suas leituras.