Unha amena e rigorosa guía ilustrada para descubrir o fascinante mundoádas rochas e dos minerais.De onde vén o ouro e por que é tan valioso? Que é a pirita, o xofre?áDe que está feito o xeo? Onde se encontran a pedra pómez e a arxila? A través de breves textos explicativos, este novo Inventario ilustrado mergúllanos no coñecemento das rochas e dos minerais, desde a súa orixeáata a súa composición, pasando polo seu uso e o seu simbolismo.Este volume, que fai o número dez, vén acompañado dun catálogo-guíaáque permitirá lembrar todos os títulos desta orixinal colección na queconflúen ciencia e ilustración.