Os superheroes do cole están a piques de vivir unha gran aventura: ir a Primaria! Aínda que ao principio senten medo e incerteza, pronto descubrirán todas as cousas emocionantes que lles esperan nesta nova etapa: novos profes, materias, amizades, xogos e aprendizaxes. Un álbum ilustrado cheo de tenrura, humor e acompañamento emocional que axuda aos nenos e nenas a afrontar o paso de Infantil a Primaria con seguridade, ilusión e confianza.