Ignacio Ramonet E Ramón Chao En Triúnfo

de Ramon Chao e Ignacio Ramonet Miguez 

Ignacio Ramonet E Ramón Chao En Triúnfo
idioma: Espanhol, Galego
Editor: Edicions Laiovento, S.L.
Edição: julho de 2005
Portes
Grátis
20%
12,18€
Poupe 2,44€ (20%) Cartão Leitor Bertrand

Ramón Chao e Ignacio Ramonet, dous recoñecidos analistas da globalización desde unha perspectiva inequivocamente altermundista, comezaron a súa longa e intensa andaina xornalística e política no mesmo momento en que se estabelecían as bases políticas que fixeron posíbel a globalización.Naqueles anos, xa afastados, Chao e Ramonet, Ramonet e Chao, acometeron a difícil tarefa de participar a dúas voces, como no seu momento fixeran Neruda e Lorca no discurso de agradecemento dunha homenaxe que lles tributara o Pen Club de Bos Aires, na busca de respostas a un mundo en crise. Daquela, comezaron unha serie de entrevistas a algúns dos persoeiros máis relevantes do momento, aqueles que polo seu pensamento ou a súa obra eran referentes para pensar o mundo.Neste libro recóllense algunhas desas entrevistas, publicadas orixinalmente na revista Triunfo, que, malia os anos pasados, non deixan de estar de actualidade, como a realizada a Leonardo Sciascia, analista metódico da mafia e das accións violentas das Brigadas Vermellas, a Michèle e Armand Mattelart, que teorizaban sobre as novas orientacións da información, a Gabriel García Márquez, que neses momentos iniciaba a guerra contra a información monopolística, ou a Costa Gravas, que con Z e Missing principiaba o seu labor cinematográfico contra as ditaduras, que agora prosegue contra o neoliberalismo.Non se pode dicir que esas entrevistas non 'avellentasen', pois é obvio que os anos tamén pasaron por elas, como por todos nós. Porén, pareceunos tan interesante ver a evolución deses personaxes como reconfortante comprobar que, aqueles que viven, seguen a crear obras e teorías na mesma dirección que hai un cuarto de século e que, en xeral, os que desapareceron foron fieis á literatura e á xustiza.

Ignacio Ramonet E Ramón Chao En Triúnfo
ISBN:
9788484870791
Ano de edição:
07-2005
Editor:
Edicions Laiovento, S.L.
Idioma:
Espanhol, Galego
Encadernação:
Capa mole
Páginas:
130
Tipo de Produto:
Livro
Classificação Temática:
EAN:
9788484870791
X
O QUE É O CHECKOUT EXPRESSO?

O ‘Checkout Expresso’ utiliza os seus dados habituais (morada e/ou forma de envio, meio de pagamento e dados de faturação) para que a sua compra seja muito mais rápida. Assim, não tem de os indicar de cada vez que fizer uma compra. Em qualquer altura, pode atualizar estes dados na sua ‘Área de Cliente’.

Para que lhe sobre mais tempo para as suas leituras.