Emilia Pardo Bazán E Galicia

de Jose Maria Paz Gago 

Bertrand.pt - Emilia Pardo Bazán E Galicia
idioma: Galego, Espanhol
Editor: Hércules de Ediciones
Edição: março de 2022
Portes
Grátis
10%
24,46€
Poupe 2,45€ (10%) Cartão Leitor Bertrand

Emilia Pardo Bazán amou Galicia apaixonadamente, entregándose en corpo e alma á súa terra, con toda a forza do seu xeneroso corpo e con todos os folgos do seu espírito magnánimo. Reflectiu esa paixón polo país ao longo de toda a súa extensa obra literaria, ensaística e xornalística, universalizando as nosas grandes urbes marítimas e as pequenas vilas mariñeiras, os nosos profundos vales e fermosas rías, toda a tipoloxía humana e a morfoloxía natural, a paisaxe e a paisanaxe galegas. Prestou particular atención, como modelo do seu adiantado feminismo, á labrega galega, exemplo de muller empoderada.Coincidindo co seu centenario (1921-2021), faise necesario reafirmar a condición galega da autora de Los Pazos de Ulloa e o seu compromiso irrenunciable coa terra que a viu nacer e que ela contribuíu a dar a coñecer en Europa e en América. Nas súas novelas e contos foi quen de converter a realidade galega do seu tempo en mito universal, como farán Rosalía e Curros, Valle, Castelao, Cela, Torrente ou Cunqueiro. Non se cinxe só á súa cidade natal ou á veciña Sada onde tiña a súa residencia estival; a cabeza e o corazón de Emilia Pardo Bazán abranguen Galicia enteira, dende as Mariñas coruñesas ata a comarca do Ribeiro do Avia e o Miño, dende Santiago de Compostela a Celanova, as Rías Baixas e as Rías Altas. Como afirma axeitadamente Ramón Villares, nada de Galicia lle era alleo, e iso reflíctese tanto no conxunto da súa obra como na realidade da súa vida.A escritora coruñesa participou activamente no movemento rexionalista galego, ao que fixo importantes achegas, pero o seu rexionalismo é esencialmente cultural e literario, non político. No seu pensamento, Galicia é unha terra privilexiada e diferente dentro da gran nación que é España. Chegou a recoñecer para Galicia a condición de nacionalidade, pero advirte que o protonacionalismo rexionalista pode levar ao separatismo, que ela rexeita abertamente.

Emilia Pardo Bazán E Galicia
ISBN:
9788418966316
Ano de edição:
03-2022
Editor:
Hércules de Ediciones
Idioma:
Galego, Espanhol
Dimensões:
150 x 230 x 23 mm
Encadernação:
Capa dura
Páginas:
248
Tipo de Produto:
Livro
Classificação Temática:
EAN:
9788418966316
X
O QUE É O CHECKOUT EXPRESSO?

O ‘Checkout Expresso’ utiliza os seus dados habituais (morada e/ou forma de envio, meio de pagamento e dados de faturação) para que a sua compra seja muito mais rápida. Assim, não tem de os indicar de cada vez que fizer uma compra. Em qualquer altura, pode atualizar estes dados na sua ‘Área de Cliente’.

Para que lhe sobre mais tempo para as suas leituras.