Esta publicación divulgativa amosa as biografías de 12 mulleres, nas que se recollen os principais logros daquelas que co seu coñecemento e traballo axudaron e axudan na exploración do espazo. Así, nela están presentes matemáticas, químicas, enxeñeiras e informáticas que posibilitaron as viaxes espaciais ademais das astronautas que conseguiron navegar polo cosmos. Pretende impulsar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado feminino, poñendo de relevo o traballo das mulleres que hai 50 anos foron claves para o éxito da misión do Apolo XI e a chegada da primeira persoa á lúa. Móstranse referentes de ciencia femininos de tempos pasados e presentes como a astrofísica galega Begoña Vila e increméntase a bibliografía en galego sobre mulleres relacionadas coa ciencia.