Portomarin
de Francisco J. Gil
Grátis
Sobre o livro
Van pasados máis de mil anos dende que, no alborexar do segundo mileni o, ou talvez no remate do primeiro da nosa era, comezaron as peregrina cións a Compostela. Daquela, contar cun camiño, cunha ponte que cruzas e un río, con calquera xeito de hospedaxe no que repoñer as forzas era todo a canto se podía aspirar. Alí estaba xa, no remate dunha das súa s etapas do Camiño Francés, a vila de Portomarín. Hoxe non hai que fac er o camiño para achegármonos a este concello. Nin tan sequera temos q ue pisalo fisicamente. Unha ollada a Google, e en pouco máis de catro décimas de segundo ofrécenos nada menos que dous millóns oitocentas ci ncuenta mil entradas, nas que está presente Portomarín. O maior proxec to que se deu ata agora para conxuntar o coñecemento humano, a Wikiped ia, aínda ofrece unha visión deturpada do topónimo, sinalando como nom e Puertomarín, malia que recoñece a existencia do oficial.