A Voda dos Ratos

de Lisa Kaser e Margarita Del Mazo 

Bertrand.pt - A Voda dos Ratos
Editor: OQO Editora
Edição: março de 2012
14,00€

—Non vas casar cun rato negro, feo e fraco coma un fiúncho. Ti tes que casar co máis forte do planeta, e ese non o é -dixo sinalando cara ao rato.

Desta forma irada reacciona o emperador dos ratos da Cochinchina cando a súa filla, unha preciosa rata branca coma a neve, se presenta da man dun rato gris escuro case negro. Convencido de que o que ten ante el dista moito da súa esixencia, ofrécelle a man da súa pequena ao Sol.
Con todo, o Astro Rei non tardará en convencelo do seu erro. —Non, ho! Eu non son o máis forte... A partir deste momento, o relato inicia un divertido e instrutivo periplo, co que o emperador irá descubrindo que non hai verdades absolutas. A consideración do que é, ou non, fermoso, forte… está suxeita a múltiples miradas, tantas como individuos.
A voda dos ratos é unha reinterpretación dun conto moi antigo. Aparece xa no Panchatantra (lib IV, conto IX; pp. 312-318). Un monxe transforma unha rata en rapariga para levala á casa; cando está en idade de mocear, o monxe fai traer o Sol, o Vento, os Montes, pero ningún é da súa satisfacción porque sempre hai un superior ao anterior. Con todo, cando chega o rato, porque confesa que el pode superalo, a rapaza namórase do da súa especie.
A conclusión á que se chega no Panchatantra é que ninguén pode evadirse da súa condición natural: "Logo de rexeitar por marido ao Sol, ao Nuboeiro, ao Vento e ao Monte, volveu á súa especie; o impulso natural é invencible" (p. 318), tal e como lle sucede finalmente aos dous ratos deste conto.

Idioma: Galego

A Voda dos Ratos
de Lisa Kaser e Margarita Del Mazo 
ISBN:
9788498713732
Ano de edição:
03-2012
Editor:
OQO Editora
Idioma:
Português
Dimensões:
230 x 250 x 10 mm
Encadernação:
Capa dura
Páginas:
40
Tipo de Produto:
Livro
X
O QUE É O CHECKOUT EXPRESSO?


O ‘Checkout Expresso’ utiliza os seus dados habituais (morada e/ou forma de envio, meio de pagamento e dados de faturação) para que a sua compra seja muito mais rápida. Assim, não tem de os indicar de cada vez que fizer uma compra. Em qualquer altura, pode atualizar estes dados na sua ‘Área de Cliente’.

Para que lhe sobre mais tempo para as suas leituras.