Bertrand.pt - A Min Non me Comas

A Min Non me Comas

de Margarita Del Mazo e Vitali Konstantinov 

Editor: OQO PT
Edição ou reimpressão: junho de 2011
Portes
Grátis
10%
13,50€
Poupe 1,35€ (10%) Cartão Leitor Bertrand
Envio até 10 dias
portes grátis

Era unha noite sen lúa…
O reloxo daba a UNHA… DONG!
De pronto, Mateo espertou asustado. Escoitara un ruído detrás da porta, onde estaban colgados os abrigos. Mirou cara a alí, pero só viu unha sombra… Abriu moito os ollos, sen pestanexar, e a sombra transformouse nun… MONSTRO!


En A min non me comas!, Margarita del Mazo inspirouse nas súas propias vivencias, concretamente no desacougo que lle producía a escuridade cando era pequena. Neste álbum, os nenos amedrentados por este ou outros temores poderán comprobar, aliviados, que non son os únicos para quen as sombras se converten en famentos monstros, tal e como lle sucede ao protagonista.
"Foi sinxelo escribir esta historia. Só tiven que recordarme escondida baixo as sabas, chamando pola miña nai, heroica espantadora de monstros e doce gardiá dos meus soños", admite con cariño a tamén autora dos textos de Mosquito e A máscara do león.
Os medos infantís forman parte da evolución e, consecuentemente, adoitan desaparecer a medida que os nenos medran. Nesta superación xogan un papel importante os contos protagonizados por monstros, bruxas ou seres terribles.
Deste xeito, os temores toman forma e personalízanse, o que axuda a vencelos. En todo caso, nesta vitoria, os pais sempre teñen unha función relevante.
Mateo só se atreve a confesarlle a súa nai o que lle ocorre, xa que, ata o momento, recorreu a artimañas e convenceu con elas o seu can, o seu irmán e a súa tía para que durmisen con el. Un recurso habitual entre os pequenos, ante o temor a sentirse ridiculizados.
—Teño medo, mamá. Detrás da porta hai un monstro vermello que me quere comer.
—Acouga, Mateo. Quedarei contigo, pero os monstros non existen.

Tanto a protección excesiva como facer que os fillos se sintan covardes son actitudes que poden enquistar o problema e acentuar o medo. A nai de Mateo no se burla del: dálle confianza e comprensión. Así, finalmente, atreverase a encarar o monstro terrible e vermello, do que lograra liberarse durante toda a noite, ofrecéndolle astutamente a todos os seus acompañantes para evitar que o comeran.

Idioma: Galego

A Min Non me Comas
ISBN: 9788498713237 Ano de edição ou reimpressão: Editor: OQO PT Idioma: Português Dimensões: 230 x 250 x 10 mm Encadernação: Capa dura Páginas: 36 Tipo de Produto: Livro Classificação Temática: Livros  >  Livros em Português  >  Infantis e Juvenis  >  Livros Infantis de Ficção  >  Infantil (6 a 10 anos)

Sugestões

O Gigante Egoísta e O Príncipe Feliz
10%
portes grátis
10% Cartão Leitor Bertrand
8,80€
Porto Editora
Seleção de Contos Populares Portugueses
10%
portes grátis
10% Cartão Leitor Bertrand
7,70€
Porto Editora
X
O QUE É O CHECKOUT EXPRESSO?


O ‘Checkout Expresso’ utiliza os seus dados habituais (morada e/ou forma de envio, meio de pagamento e dados de faturação) para que a sua compra seja muito mais rápida. Assim, não tem de os indicar de cada vez que fizer uma compra. Em qualquer altura, pode atualizar estes dados na sua ‘Área de Cliente’.

Para que lhe sobre mais tempo para as suas leituras.