partilhar
Em destaque VER +
A Rúa da Tixola
Na rúa da Tixola
un neno estaba chorando.
Aqueles choros
fixeron que o veciño de abaixo
se puxese
dun humor de raios.
Entón o veciño de abaixo
pegou un zapatazo no chan
e pisoulle o rabo ao gato.
A partir deste incidente, as rutinas e hábitos cotiáns da veciñanza altéranse e, seguindo o mesmo efecto que a caída de fichas no dominó, os contratempos concaténanse un tras outro, propagando un ambiente hostil polo barrio.
O gato cae enriba do carteiro, que perde a correspondencia semanal da porteira. Esta, enfurruñada, grita ao froiteiro, que desconcertado, non só non acerta co pedido, senón que case atropela a unha ra.
Para evitar este tráxico desenlace, o garda de Tráfico sopra o chifre con tanto ímpeto, que cae no xardín do señor Magnolia e esmaga as súas flores exóticas.
Todo isto ocorre a un ritmo vertixinoso, mostrándonos, deste xeito, a fraxilidade da harmonía social e como o caos pode orixinarse nun feito, tan inocente e nimio, como o choro dun neno.
No entanto, e coma se fosen dúas caras dunha mesma moeda, a historia de Charo Pita tamén nos descobre o sinxelo que pode ser solucionar esta cadea de “pequenas traxedias” (o neno deixa de chorar en canto o veciño de abaixo lle le un conto) e restablecer a cordialidade na veciñanza: cunhas flores e un cortés atópase ben?
Este cambio provén das recomendacións amables do señor Magnolia: “son pequenos xestos, pero importantes na súa miudeza”, destaca a escritora, que fai fincapé no valor das palabras “afables, tranquilizadoras, contaxiosas... que tenden pontes”.
Idioma: Galego